Unha soa palabra:

paz

Unha palabra de tan só tres letras que expresa a nosa maior arela deste Nadal.

p de protección e acompañamento, que están detrás da educación para milleiros de mozos, mozas, nenos e nenas ameazados por conflitos e guerras.

a de amor a cada persoa. Que guía os nosos proxectos de acollida, de refuxio e de coidado da Terra. Un amor capaz de curar o noso mundo ferido.

z de luz, da esperanza que nos leva a traballar nos contextos máis difíciles: defendendo as nenas e as mulleres da violencia ou protexendo a infancia refuxiada en situacións de emerxencia.

Bo Nadal!

Grazas por seguir ao noso lado, polo teu compromiso e solidariedade. Grazas á túa axuda seguimos realizando o noso traballo, apoiando a máis de 361.000 persoas en 45 países de América Latina, África, Asia e Europa.

Ucraína:

acollida e acompañamento
© Sergi Cámara

Desde o inicio do conflito en Ucraína, asistimos e acompañamos a máis de 70 000 persoas que fuxían da violencia, tanto nos países limítrofes como na propia Ucraína.

A través de accións de acollida, refuxio, apoio psicosocial e apoio educativo, seguimos estando ao seu lado, posibilitando que vivan en espazos de seguridade e paz, axudándolles a reconstruíren as súas vidas.

Siria:

atención que é luz
© Carmen Moreno

Os terremotos que arrasaron Siria agravaron a situación de miles de persoas xa vulnerables, debido ao prolongado conflito que vive o país. Continuamos traballando con máis de 44.000 persoas a través de programas de educación, protección, cohesión social e desenvolvemento comunitario, en especial cos nenos e nenas para quen permanecer na escola é esencial.

Sudán do Sur:

protexendo as nenas da violencia
© Paula Casado

Sudán do Sur segue sumida nunha crise humanitaria e de desprazamento desde hai case unha década, que afecta de forma importante as nenas e adolescentes, que corren un maior risco de sufriren violencia e exclusión e atopan aínda maiores dificultades para exerceren o seu dereito á educación.

Sen educación están máis expostas ao matrimonio infantil, á violencia sexual ou aos embarazos precoces. Traballamos para mantelas a salvo da violencia e para garantir o seu acceso á educación, manténdoas nas escolas e previndo así o abandono escolar.

Líbano:

escolas de convivencia e reconciliación
© Carmen Moreno

O Líbano enfróntase a unha importante crise económica, política e social, agravada aínda máis polo recente conflito en Gaza. Os constantes bombardeos no sur están a provocar o peche intermitente das escolas.

Aínda en plena crise, traballamos para facermos posible que os nenos e nenas en situación de desprazamento accedan a unha educación de calidade e poidan, na medida do posible, ingresaren no sistema educativo libanés.

Ademais, traballamos nas comunidades de orixe e nas de refuxiados para construír a paz e promover a convivencia.

SEDE CENTRAL MADRID
C/ Maldonado, 1 A Planta 3, 28006 MADRID
Tlf. 91 590 26 72
www.entreculturas.org